The Ganchillo Natural Revolution-Hilados naturales online

0

Non produtos

  • Total

    0,00 €
Inicio > Nós

Nós

Digo nós porque aínda que á fronte deste proxecto hai unha muller, todo isto non tivera sido posible se detrás miña non houbera moitas persoas que me teñen animado e apoiado, quizais nalgunha ocasión sen sabelo. Dende os familiares máis próximos, algúns desaparecidos, que deixaron a súa pegada en min, ata a amigos que ao final resultan “familia”.

Sempre, dende o meu nacemento, estiven en contacto con las e fíos, dende o momento en que as avoas tecen xerseis  e vestidos, ata que xa tes a capacidade para facelo ti, e o fas para os teus fillos. Pero penso que a miña formación en Bioloxía e outros feitos que teñen marcado a miña existencia estes últimos anos, lévanme a abrir esta tenda de fiados e complementos de orixe natural de calidade, sen engadidos artificiais, respectuosos co medio ambiente e as persoas.

Aínda que as miñas raíces se sitúan no extremo oriental da Península, este proxecto nace e se desenvolve nun concello de seu extremo occidental, en Teo, moi próximo á capital de Galicia, a miña terra de acollida dende fai uns cantos anos.

Gustaríame que os produtos que atopedes en The Ganchillo Natural Revolution vos gusten tanto como a min, que as veces, dame pena desprenderme de eles…